Capítulo anterior: A chegada

A sinal era clara. Sen lugar a dúbidas, era o símbolo do código morse do sinal S.O.S.

Iso aterroulle bastante. Por un lado, quería dicir que quen estivera a mandarlle esa mensaxe viuno chegar. Por outra banda, debe ser un humano xa que coñece o código morse. Por un momento, dubidou do que facer. Era posible que estivera equivocado e aquel non fora o planeta que pensaba que era. Quizais nalgún momento da súa longa viaxe o ordenador sufriu algún tipo de magnetización ou algunha tormenta solar, e empezou a escorar o seu camiño facendo que fora un percorrido circular e acabase onde empezou.

Iso sería o máis probable. Tiña bastante sentido e decidiu pensar que, realmente, estaba preto de casa. Deu toda unha volta e volveu ao seu inicio. Porén, xa tería tempo para lamentarse despois xa que sen dúbida alguén necesitaba axuda. Suso desmontou o seu rover coas baterías cargadas e desprazouse ata a orixe da luz que emitía a sinal de socorro.

Chegou unha hora despois. As distancias no planeta non eran o que parecían ao carecer practicamente de referencias visuais efectivas. Ademais, perdeu de vista a sinal varias veces polo que estivo dando voltas ata volver a atopala. Agora, apenas quedáballe algo máis da metade da batería do rover. Ao chegar, non atopou o que esperaba. Definitivamente aquelo no era un humano, era unha baliza.

Suso suspirou. Quizais non estivera no planeta equivocado. Quizais non xirou en redondo para terminar no principio, nun planeta próximo ao seu, senón que está no planeta que debe estar. Agora so tiña que atopar unha explicación a porqué hai unha baliza emitindo sinais visuais de auxilio.

Baixou do rover e colleu a baliza. Este tipo de balizas encéndense en canto detectan unha nave preto. A baliza non era máis cunha pequena caixa que podíase coller coas dúas mans. Tiña unha luz vermella enriba do todo. Suso abriuna, pois non é que fora deseñada para ser aberta pero era necesario para apagala. Ao facelo, atopou unha mensaxe escrita a raiados no interior da tapa metálica. Non foi quen de entender o que poñía, así que colleuna tal cal estaba e volveu para a súa nave.

Suso deixou a baliza na mesa da sala central. Aproveitou para sacarse o traxe, darse unha ducha e poñerse cómodo. A nave non era moito máis grande, pero era suficientemente amplia para un só pasaxeiro. Saíra correndo a recoller a baliza nada máis chegar, así que agora tiña algo de traballo pendente para organizar a súa chegada. O primeiro que fixo foi mandar unha mensaxe a Axencia, anunciando a súa chegada. Tendo en conta a distancia, no contaba con ter unha resposta de volta ata dentro duns días. Programou o robot para que fora facendo a cena e volveu co aparello.

Colocouno baixo a lámpada e fretou a zona da inscrición cos líquidos químicos que considerou apropiados e deixounos actuar mentres ceou. Non deixou de pensar na baliza en toda a cea. Era evidente que levaba aí moito tempo. O seu estado era bastante malo pese a que conservaba a enerxía suficiente para activarse. Considerou que, quizais, entre 15 e 20 anos terrestres. Era un modelo estándar así que seguramente a súa nave fora feita na terra. Case tódalas balizas eran iguais. Tamén tiña que pensar na posibilidade de que a baliza non estivera orixinalmente neste planeta, senón que estivera flotando polo espazo ata impactar con el. Aínda que, a dicir verdade, non lembraba que ao seu redor houbera algún rastro do impacto.

Antes de terminar, aínda co prato enriba da mesa, botoulle unha ollada á baliza, onde xa non quedaba rastro dos produtos químicos. O que viu non lle gustou nada. A mensaxe era agora claramente visible:

Suso, en canto leas isto fuxe deste planeta. A túa vida está en perigo.

Suso era el. A letra era a súa.

A baliza era a súa.


1 comentario

Hugo · 16 Decembro, 2022 ás 00:21

@xandre xa cambiei isto para que no futuro so apareza o título e o enlace, non este pedazo de churro ilexible.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario