Suso desfrutou das vistas pola fiestra todo o que puido. Despois de case dez anos de viaxe por fin chegara aos límites máis afastados do espazo coñecido. Ala onde solo chegaba a teoría, onde os humanos so tiñan afastadas imaxes dende telescopios espaciais, él estaba a piques de chegar.

Achegouse ao planeta e programou a orbitación a unha distancia prudencial. A gravidade do planeta era parecida á da Terra, xa que aínda que era máis pequeno tiña máis masa que o planeta nai. Foi descendendo a nave ata localizar visualmente unha área onde puidera aterrar dun xeito seguro. Acadou unha superficie chá e levou a nave para alí.

A aterraxe foi moi tranquila. O ordenador fixo case todo o traballo duro corrixindo os pequenos desvíos que él non era quen de corrixir rapidamente, e case sen decatarse xa tiña a nave pousada sobre a superficie.

─ Ordenador, abre o diario. Despois dunha longa viaxe por fin chegamos ao noso destino. Foi duro chegar ata aquí, pero é todo un orgullo ser o primeiro humano en facelo. Creo que este pode ser un planeta chave para o futuro da nosa raza. Dispóñome a dar os primeiros pasos sobre a superficie e a facer unha primeira exploración para atopar un sitio onde despregar o campamento base. Ordenador, pecha o diario.

O seu traxe estaba personalizado de xeito que non lle foi complicado poñerllo antes de abrir a esclusa, baleirar o aire e finalmente saír ao exterior. O traxe indicoulle, como xa esperaba, que se quitaba o traxe morrería inmediatamente. Así que o seu primeiro traballo tiña que ser atopar un bo lugar onde montar o seu campamento onde podería estar sen o traxe.

O planeta xiraba ao redor dun sol, igual que a terra. Aínda que non tiña claro canto tempo terrestre duraría un día. Sería unha das primeiras cousas que tiña que comprobar.

O planeta era areoso. Altas montañas víanse ao lonxe e as estrelas do celo podían verse con total plenitude ao ollo nu. A sensación de soidade era absoluta. Suso estaba agora na zona con luz do planeta. Ao lonxe, a uns 100 kms, estaba o horizonte onde a noite ía gañando terreo.

De súpeto algo chamoulle a atencion. Ao lonxe, na parte nocturna do planeta, ocorreu algo que non tiña que ocorrer. Arranxou o visor do casco para aumentar o zoom e achegarse o máximo posible. Sen lugar a dúbidas, era o que pensaba. O seu corpo estremeceuse. A súa pel púxose de galiña.

Unha luz branca estaba acendendo e apagando. Era código morse e estaba pedindo auxilio.


2 comentarios

Hugo · 7 Decembro, 2022 ás 23:42

@xandre Respondendo dende Mastodon.

Ciencia Ficción en Galego · 16 Decembro, 2022 ás 00:13

[…] Capítulo anterior: A chegada […]

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario