Menta agarrou a Luso polo brazo e levouno correndo ata o seu dormitorio. Casi non llei deu tempo a preguntar cando Menta empurrou a cama deixando ver no chan unha trampilla. Abríronna e metéronse nun pequeno recuncho, moi xusto para os dous, e que case non lles deixa espazo para volver a deixar a cama como estaba antes de que os intrusos entraran na nave.
─ Non sabía que esta nave tivera escondites tan xeitosos. ─A sua incomodidade ahí abaixo era evidente, en canto non era quen de xesticular coas mans polo que non podia liberar toda a sua enerxia.
─ Hai moitas cousas de esta nave que non sabes. Incluso de min. ─Susurrou.
Non tardaron en escoitar as portas neumaticas da entrada de compresión. Logo, uns pasos moi lentos que entraron na nave pola sala multiusos onde hai uns minutos Menta e Luso falaban intentando aclarar a situación.
Menta acendeu a sua computadora de man e visualizou o video do interior da nave. Agora via que eran duas persoas, armadas con aturdidores, e cun uniforme vermello a raias negras. Sen dúbida eran gardas do Vector Gris. Coñecidos en toda a galaxia pola sua xusticia férrea e o uso de satélites coma cárceres.
Menta apretou un botón do seu ordenador e falou por toda a nave.
─ A sua abordaxe non está autorizada nin cumprirun os estándares de intercepción con comunicacion previa. Por favor, abandonen a nave inmediatamente.
─ Pero qué fas tola, vannos descubrir! -Luso alarmouse e atopou un oco onde mover as suas mans.
─ Saian coas mans en alto, onde podamos velas, e ninguén saldrá ferido de aquí. ─ Dixo o home máis alto
─ Sae de onde esteas e ninguén será ferido. -Falou o mais alto deles.
─ Espera aquí. Non te preocupes nin te movas.
─ ¿Non irás sair?
─ Se nos ven aquí dentro estamos perdidos. Fora teño mais posibilidades.
Menta accionou un comando no seu ordenador e unha musica comezou a soar por toda a nave. Aproveitou o desconcerto para sair do escondite e aparecer diante dos homes, baixo a porta do seu dormitorio. Cando parou a música, falou.
─ Quenes sodes e qué facedes aquí?
─ Xa sabes porqué estamos aquí. ─Volveu a responder o máis alto. Tiñan as armas apuntándolle.
─ Aquí me tedes, pero non sei porqué me estades buscando, non vos coñezo de nada e hai meses que non teño contacto con otros seres.
─ ¿De qué estás falando? Deixa de entorpecer o noso traballo e entréganos ó home. ─Iso desconcertouna.
─ ¿De qué home falas? Esta en unha nave dun só paxaseiro. Xa ves o tamaño que ten.
─ ¡Non nos tomes por tontos rapaza! Os nosos radares detectaron coma o prisionero Lusón D. Venzi subíu a esta nave en pleno espazo durante a súa escapada da prisión.
─¿Prisioneiro?
─ ¡Por suposto! ─Agora falou por primeira vez o máis baixo dos dous─. ¡É un home moi perigoso, culpable de asasinatos de tribus enteiras en planetas fora da civilización!
Menta mirou detrás súa. Alí, baixo a cama, a través dunha grella, puido ver unos ollos vermellos que a miraban entrepechados.
0 comentarios